Sunday 12 de May de 2024

Unha trintenta dos maiores que participan nos Obradoiros da Memoria de Lousame celebraron unha merenda de fin de curso


Un total de trinta maiores, dos 52 que participan nos Obradoiros da Memoria do Concello de Lousame, celebraron onte mércores unha merenda de fin de curso no club de xubilados de Aldeagrande, na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo. Unha merenda na que non faltaron os biscoitos, as roscas, as galletas, as cereixas… así como viño da casa e refrescos.

Silvia Agrafojo felicitou a todos os participantes nos obradoiros da memoria e instounos a que conviden aos seus amigos e amigas a participar nas distintas actividades que se organizan dende o Concello de Lousame. Pola súa banda, todas as persoas presentes tiveron palabras de agradecemento para as dúas monitoras, Mónica e Pili. O acto rematou coa entrega de diplomas conmemorativos a todas as persoas participantes nos obradoiros da man de Silvia Agrafojo e das monitoras dos cursos.